O cámping do Courel recupera internet por medio de A Túa Xanela

En concreto, a compañía facilita unha rede de 100 megas nesta zona de acampada

La alcaldesa de O Courel conversa con el responsable de A Túa Xanela. EP
photo_camera La alcaldesa de O Courel conversa con el responsable de A Túa Xanela. EP

O cámping de Esperante, situado no Courel, recuperou o seu servicio de internet e pode ofrecelo de novo aos usuarios tras o despregamento realizado por A Túa Xanela, unha empresa fincada en Chantada dedicada a levar fibra ata o rural.

En concreto, a compañía facilita unha rede de 100 megas nesta zona de acampada. Desde o Concello de Folgoso do Courel colaboraron a través do roce da área que atravesa o cableado.

O cámping de Esperante foi noticia nos últimos meses ao ser un dos negocios máis afectados polos cortes no servizo de teléfono e internet realizados por Movistar.

O seu responsable, Xabier Trepat, indicou que mantivo varias conversacións coa compañía, que non estaba disposta a instalar a rede de fibra a aqueles usuarios situados a máis de 400 metros dun punto de acceso.

Desde Movistar negaron sempre que deixasen a ningún cliente sen servizo. Sinalaron no seu día que o único que fixeron foi cambiar a conexión de cobre por fibra óptica e que en casos particulares ofreceron alternativas como un servizo fijoradio, banda ancha por satélite ou xestionar a conexión con Acceso Empresarial Radio, a través dunha subvención da Xunta.

O certo é que o servizo de Movistar suscitou moitas queixas na comarca, incluso máis aló do Courel. En Quiroga, o propio alcalde, Xullo Álvarez, chegou a organizar unha concentración de protesta por mor dos continuos cortes no servizo.

Comentarios