Budiño & Novoa, dani e Auto Sacramental súmanse ao 17° Ribeira Sacra Festival

O evento está programado do 16 ao 18 de xullo
Imagen de una edición anterior. 17 RIBEIRA SACRA FESTIVAL
photo_camera Imaxe dunha edición anterior. 17 RIBEIRA SACRA FESTIVAL

A organización do Ribeira Sacra Festival confirmou a presenza de tres novos artistas no evento: Budiño & Novoa, dani e Auto Sacramental. Súmanse a: Teenage Fanclub, The Excitements, Bronquio e Ale, xa confirmados.

A quinta edición deste evento celebrarase os días 16, 17 e 18 de xullo en pleno corazón da Ribeira Sacra.

Logo de cinco edicións, o festival segue apostando por unha "variedade de estilos" na súa programación, que incluirá propostas gastronómicas e outras actividades. "Galardoado en 2020 co 'Best Small Festival' do noso país nos Iberian Festival Awards, 17º Ribeira Sacra Festival é xa un dos eventos imprescindibles do verán no norte peninsular", sinalan desde a organización.

Comentarios