Brollón tamén celebrou o Xoves de Comadres

Os usuarios do centro de día recrearon o mítico bar As Viñas da Pobra

20190228_115221
photo_camera Xoves de Comadres na Pobra do Brollón. EP

A tradición do Xoves de Comadres está en pleno proceso de recuperación na Ribeira Sacra.

Os veciños da Pobra do Brollón sumáronse tamén a esta tradición na que se representan escenas de carácter etnográfico ou cun toque de crítica social.

Os usuarios do centro de día da Pobra recrearon o bar As Viñas, un dos establecementos hostaleiros máis emblemáticos da vila.

Comentarios