Bóveda protagoniza o Cupón da Once do próximo 2 de xullo

Inclúese dentro da serie Mi Pueblo, composta por 91 cupóns dedicados a localidades españolas con nomes singulares

Cupón dedicado a Bóveda. EP
photo_camera Cupón dedicado a Bóveda. EP

 O municipio lucense de Bóveda protagonizará a imaxe do cupón da Once correspondente ao próximo luns, día 2 de xullo, dentro da serie Mi Pueblo, composta por 91 cupóns dedicados a localidades españolas con nomes singulares.

Segundo informou a Once, cinco millóns e medio de cupóns difundirán a imaxe e o nome deste municipio lucense por toda España. A serie Mi Pueblo iniciouse o 6 de febreiro de 2017 e os dous primeiros cupóns estiveron dedicados a dous municipios galegos, concretamente da provincia da Coruña: Zas (6 de febreiro) e Agarimo (7 de febreiro).

O Concello de Bóveda, situado na comarca de Lemos, ten 91 quilómetros cadrados de superficie e 1.572 habitantes.

Comentarios