Os bombeiros de Monforte reciben un vehículo de mando para urxencias

O presidente da Deputación e o director xeral de Emerxencias participaron no acto oficial de entrega da furgoneta
2020072314052190553
photo_camera O director de Emerxencias e o presidente da Deputación, xunto ao novo vehículo. L.A.R.

O parque comarcal de bombeiros de Monforte conta desde este mércores cun novo vehículo, en concreto unha furgoneta tipo 'pick up' que se utilizará polos responsables deste servizo de urxencia como posto de mando avanzado e ao mesmo tempo como ferramentas de traslado dun amplo equipamento de rescate, como equipos de respiración autónomos, de excarceración, motosierras ou botica de primeiros auxilios, entre outros moitos elementos.

A entrega do vehículo correu a cargo do presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, e do director xeral de Emerxencias e Interior da Xunta de Galicia, Santiago Villanueva, pois ambos os organismos cooperan no mantemento dos parques comarcais da provincia.

José Tomé explicou que este novo vehículo de urxencias de dimensións máis reducidas achegará mais axilidade para atender situacións que se dean en lugares de difícil acceso, aqueles a os que non poden chegar os camións grandes cos que conta o parque monfortino.

A nova furgoneta de urxencias permitirá, ademais, portar o segundo equipo de excarceración multifunción co que conta o parque de bombeiros de Monforte e que non pode levar noutros vehículos, o de bomba urbana lixeira (BUL), o camión ama de cría e o camión de altura de autobrazo articulado.

O presidente do organismo provincial engadiu que este vehículo tamén suplirá os avariados "do parque monfortino e, pola proximidade xeográfica cos outros dous parques de bombeiros dá zona sur, tamén estará a disposición dos de Chantada e Sarria en caso de necesidade".

Comentarios