Os bombeiros de Monforte apagan un lume iniciado ao prender unha estufa de leña

Non se produciron danos persoais, só materiais ao arder o falso teito da vivenda
Un camión de Bomberos. ADP
photo_camera Un camión de Bombeiros. ARCHIVO

Os bombeiros do parque comarcal de Monforte apagaron este sábado un lume orixinado nunha vivenda da Rúa José Carabantes ao prender unha estufa de leña.

Os efectivos, mobilizados arredor das 15.30 horas, controlaron rapidamente o incendio. Non se lamentaron danos persoais, só materiais ao arder un falso teito da casa.

Comentarios