O BNG pide que se manteña o actual transporte escolar no Courel

Carme Aira cuestionou o concurso elaborado pola consellería de Educación e pediu unha solución para os nenos e os traballadores
Concentración en Folgoso do Courel en contra del nuevo plan de transporte escolar. CARLOS JULIO GONZÁLEZ
photo_camera Concentración en Folgoso do Courel en contra do novo plan de transporte escolar. CARLOS JULIO GONZÁLEZ

O BNG amosou este xoves o seu apoio ás reivindicacións da comunidade educativa e o pobo do Courel. O obxectivo é "garantir os servizos de transporte escolar ante o novo concurso de Educación cun deseño de rutas elaboradas por unha empresa avalada pola consellería que aboga por paradas e medidas de tempo ficticias, reduce de 6 a 4  as rutas e alonxa aos nenos e nenas dos seus domicilios obrigandóos a permanecer á intemperie ante a falta de marquesiñas".

A deputada nacionalista Carme Aira, afirmou que este plan "somete aos nenos e nenas a longos percorridos, con riscos innecesarios exixindo que os vehículos pasen de un máximo de 9 prazas a microbuses con 25". A parlamentaria preguntou a Román Rodríguez se a consellería é realmente  “consciente” das consecuencias ás que serán sometidos os alumnos durante os catro anos do concurso do transporte escolar.

Por outra banda, afirmou que "baixo a escusa de exixencias da Unión Europea e da normativa de contratos do sector público, o PP formalizou uns macrolotes con condicións inasumibles para os actuais prestadores do servizo". 

CONCURSO ACTUAL. O grupo nacionalista tamén incidiu na necesidade de manter o tecido socioeconómico da zona. 

Carme Aira abogou por empregar os fondos europeos do Plan Feder en iniciativas destinadas ao desenvolvemento  "e posta en valor  da zona e non para a  precarizar, aínda máis, a vida das persoas". 

Comentarios