Martes. 25.06.2019 |
El tiempo
Martes. 25.06.2019
El tiempo

O BNG denuncia un envío irregular de propaganda do PP na Pobra do Brollón

Correos. ADP
Correos. ADP

Os nacionalistas levan a Correos ante a Xunta Electoral de Zona para que se investigue aos responsables

O BNG da Pobra do Brollón denunciou ante a Xunta Electoral de Zona un posible delito electoral ao seu entender cometido desde a Oficina de Correos da localidade.

Segundo explicou o responsabel comarcal do Bloque, Ricardo Rodicio, detectaron "que se comenzaba a facer un envío de propaganda do Partido Popular que foi depositada na oficina de correos o día 22 de maio, cando o prazo máximo establecido para facer os depósitos de material de propaganda electoral remataba o pasado 16 de maio".

O BNG solicítalle á Xunta Electoral de Zona que se investigue aos responsables do envío e que se abra un expediente sancionador para depurar responsabilidades, "tendo en conta que se pode tratar dunha infracción electoral". Consideráno "un feito grave e propio de épocas predemocráticas".

O BNG denuncia un envío irregular de propaganda do PP na Pobra do...
Comentarios