Balcóns contra a nova ponte do Malecón en Monforte

A plataforma Salvemos O Malecón chama a colocar nos exteriores das vivendas pancartas que mostren desacordo co proxecto do Concello

3
photo_camera Un dos balcóns que locen a pancarta.

A plataforma Salvemos O Malecón promoveu unha nova campaña de protesta contra o proxecto do Concello de Monforte de construír unha ponte no paseo do Malecón para liberar de tráfico o viaduto medieval. A iniciativa chámase Pon O Malecón non teu balcón.

A colectivo chama a todos os veciños da cidade do Cabe que estean en desacordo co plan a colgar dos seus balcóns, fiestras ou fachadas pancartas, bandeiras e carteis de apoio ás reivindicacións do colectivo e en repulsa cara ao proxecto.

Comentarios