A avoa de Sober cumpre 106 anos

Avoa de Sober
photo_camera Lola da Pena de Gundivó, ante a súa torta de aniversario. CONCELLO DE SOBER
María Dolores González Díaz, máis coñecida como Lola da Pena de Gundivós, celebrou hoxe o seu 106 aniversario na compaña da súa filla, netos e bisnetos. A Avoa de Sober recibiu tamén a través das redes socias os parabéns do Concello, que amosou o seu orgullo por contar con ela como veciña e por seguir en tan bo estado de saúde.
 

Comentarios