Unha avaría provoca restricións no tráfico no paso a nivel da Florida de Monforte

Unha reparación por parte de técnicos de Adif obriga a ter o paso a nivel da Florida de Monforte parcialmente pechado

Paso a nivel de A Florida. TOÑO PARGA
photo_camera Paso a nivel da Florida. TOÑO PARGA

Unha reparación por parte de técnicos de Adif obriga a ter o paso a nivel da Florida de Monforte parcialmente pechado. A Policía Local supervisa o tránsito de vehículos

Técnicos da compañía Adif traballan desde este luns pola mañá no paso a nivel da Florida de Monforte, situado en pleno centro urbano.

Os traballos provocan restricións no tráfico de vehículos. A Policía Local asume o control do tráfico xa que unha das barreiras do paso está baixada e o paso dos coches é alterno.

Comentarios