Unha avaría detén un tren cun centenar de persoas na Pobra do Brollón

A circulación pola vía permaneceu pechada desde as 12:45 as 15:15 horas
Tren en la estación de Lugo. SEBAS SENANDE
photo_camera Un dos trens de Renfe. SEBAS SENANDE
Ata 102 persoas víronse afectadas esta tarde de sábado por unha avaría do tren no que viaxaban. Sucedeu entre as localidades da Pobra do Brollón e Freixeiro e parte da pasaxe tivo que ser trasladado en autobús e noutro tren para cubrir a ruta que realizaban, desde A Coruña a San Sebastián.

Ademais, a circulación pola vía permaneceu pechada desde as 12:45 as 15:15 horas.

Os feitos tiveron lugar ao fío das 13:45 horas, momento no que o Centro de Control de Seguridade de Renfe puña a situación en coñecemento do 112 Galicia.

Nada máis ter constancia, o persoal do CIAE 112 Galicia informou os servizos sanitarios de urxencia, aos Bombeiros de Monforte e da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade.

O suceso requiriu a intervención dos axentes da Garda Civil. Durante a espera do transbordo ningún dos viaxeiros precisou asistencia sanitaria. 

Comentarios