Unha avaría deixa seis parroquias de Monforte sen auga

A previsión é que a subministración se recupere ao longo da tarde

Un grifo. PIXABAY
photo_camera Unha billa. PIXABAY

As parroquias de Chao do Fabeiro, Baamorto, San Julián, Moreda, Fiolleda e Seoane de Monforte están sen abastecemento de auga desde esta mañá por unha avaría na rede. Os técnicos da empresa Aqualia, concesionaria do servizo, están a traballar para liquidar o problema.

O Concello de Monforte comunica que a previsión é que a subministración nas vivendas afectadas se recupere hoxe sobre as 18.00 horas e pide desculpas aos veciños polas molestias ocasionadas.

Comentarios