
Un autobús quedou atrapado este luns polo barro nunha estrada ao pouco de comezar unha ruta escolar en Carballedo. Ocorreu no punto quilométrico 9,5 da vía LU-P-1803 ao seu paso por Castro. Os nenos que ían no vehículo tiveron que chegar ao instituto chantadés Val do Asma, onde se desprazaban, en taxi.
O bus foi retirado da estrada, de titularidade provincial, horas máis tarde de quedar a atrapado na fochanca. A Deputación anunciou que a vía permanecerá cortada ao tráfico varios días para acometer obras.
Este contratempo avivou as tensións existentes nas últimas semanas entre o Concello e a Deputación, orixinadas polo mal estado de varias estradas provinciais. Siete asociacións presentaron unha moción para demandar actuacións en catro.
A Deputación destinou 34.000 euros a renovar dous dos viarios e tamén unha zona de estacionamento nos Peares. Este investimento foi moi criticada polo PP, que xestiona o Concello de Carballedo desde hai décadas, ao considerala moi escasa.
Desde a Deputación, gobernada polo PSOE, aseguran que son os populares quen están detrás destas situacións. Mostráronse igualmente convencidos de que o contratempo deste luns do autobús forma parte dunha estratexia que, segundo as fontes consultadas por este diario, trata de situar aos veciños en contra da institución provincial.
O goberno presidido por José Tomé se manifestou sorprendido de que o bus pasase por esta zona concreta da estrada, xa que, subliñou, esta foi sinalizada o pasado xoves polo seu mal estado.
A Deputación indicou, ademais, que enviou aos seus técnicos a Carballedo para preguntar se había tubaxes que discorresen en paralelo á estrada, o cal non está autorizado, e recibiron unha resposta negativa. Ao levantar a vía para arranxala, dixeron desde Lugo, atoparon un conduto.