O Ateneo de Monforte logra que Correos edite un selo coa figura de Lois Pereiro

Conmemórase o 25 aniversario do falecemento do poeta
Sello y postal en homenaje al poeta Lois Pereiro. EP
photo_camera Selo e postal en homenaxe ao poeta Lois Pereiro. EP

O poeta monfortino Lois Pereiro xa ten o seu propio selo de Correos para conmemorar o 25 aniversario do seu falecemento. O Ateneo Casino encargou a Correos a realización dunha estampa especial, personalizada cun deseño de Amanita Studio. 

Parte da tiraxe dos selos xa están en circulación, xunto cunha postal tamén creada especificamente para a ocasión e que loce un verso do poeta. Con estas postais respondeuse ás decenas doutras recibidas no Ateneo nas últimas semanas desde lugares de todo o mundo tras un anuncio que se realizou en redes sociais. 

"Tratándose dun poeta tan viaxeiro como Lois Pereiro é fermoso pensar que estas postais e selos están agora mesmo circulando polo planeta", comentou Xepe Rodríguez, un dos impulsores da a iniciativa 25 anos con Lois Pereiro

Desde o Ateneo Casino de Monforte sinalaron que os actos de homenaxe a Pereiro non quedarán aquí e que en breve darán a coñecer novas actividades.

Comentarios