Atendido en plena rúa de Monforte un mozo que sufriu convulsións mentres conducía

Foi socorrido por un técnico de ambulancias e unha enfermeira que non estaban a traballar pero se atopaban na zona

Un mozo tivo que ser atendido en plena rúa este xoves pola mañá en Monforte ao sentirse indisposto cando conducía. O suceso tivo lugar pouco antes das 12.00 horas na Rúa Chantada.

O mozo conducía un Renault Clio en dirección á rotonda do Hórreo cando empezou a sufrir convulsións. Logrou parar o turismo e un técnico de ambulancias que circulaba no seu vehículo privado en sentido contrario deuse conta da situación polo que parou, baixouse e sacou ao mozo do seu coche, tombouno na vía e comezou a atendelo.

Nas tarefas axudoulle outra enfermeira do hospital que tamén estaba na zona. Entre os dous socorréronlle ata que chegou unha ambulancia e trasladouno ao hospital comarcal, aínda que finalmente foi evacuado ao Hula en estado grave. 

O incidente ocorreu nunha das arterias da cidade, moi preto do cruzamento coa Rúa Ourense, polo que se produciron importantes retencións no tráfico.