Asaltan a punta de pistola ao dono do restaurante monfortino A Polar

Dous encapuchados abordaron pola noite ao hostaleiro e roubáronlle o diñeiro que levaba
undefined
photo_camera Os ladróns fuxiron a pé polo fondo de Rof Codina. MIGUEL PIÑEIRO

O propietario do coñecido restaurante monfortino A Polar, Xullo Méndez, foi asaltado a punta de pistola durante a madrugada do xoves ao venres cando regresaba ao seu domicilio tras a xornada de traballo.

Segundo puido saber este diario, dous homes (o único que falou tiña acento español) coas caras tapadas por pasamontañas abordaron ao hostaleiro na Rúa Rof Codina e pedíronlle o diñeiro que leva encima, ameazándolle coas armas. Aínda se descoñece se eran de verdade ou de fogueo.

Ocorreu sobre as 1.30 horas. As fontes consultadas indicaron que Méndez, que non sufriu ningún dano físico durante o asalto, estaba acompañado por unha das traballadoras do negocio que rexenta na Rúa Cardeal.

Os individuos encapuchados saíron ao seu paso na metade da rúa e sacaron as pistolas. Méndez portaba unha cantidade importante de diñeiro gardada nunha carteira. Algunhas voces falan incluso dunha cifra que superaría os 7.000 euros e hai ata quen apunta que chegaría aos 10.000.

A vítima, que non sufriu danos físicos, estaba acompañada por unha das súas empregadas ene o restaurante 

Co botín no seu poder, os asaltantes fuxiron cara ao paseo fluvial do Cabe, pola rampla situada na parte traseira de Rof Codina. A rúa, aínda que é de dobre sentido, en coche só ten unha saída, cara Avenida de Galicia.

Na súa escapatoria, os ladróns puideron correr en dirección ao parque dos Condes ou cara á gardería municipal para acabar na Rúa Ourense. Aínda non transcendeu se actuaron sos ou se, como se supón, había alguén que lles avisou da saída do hostaleiro do seu restaurante e esperoulles logo nos arredores de Rof Codina para axudarlles a fuxirse.

Xullo Méndez, con quen este xornal intentou este venres sen éxito porse en contacto para coñecer o seu relato, presentou denuncia polos feitos, que investiga a Policía Nacional.

Diversas fontes sinalaron que na carreira por descubrir a identidade dos asaltantes e proceder á súa detención pode ser de gran axuda a abundante presenza de locais comerciais e de hostalería con sistema de videovigilancia na zona próxima ao sitio do roubo.

A vítima do roubo: un veterano e cara recoñecida da hostalería monfortina

undefinedXullo Méndez, cuxo incidente foi moi comentado este venres en Monforte, é un dos hostaleiros máis veteranos e recoñecidos da cidade do Cabe. A Polar e o Capitol son os dous últimos establecementos monfortinos que rexentou, como antes a Alba ou o Sésamo, entre outros.

Sempre lle acompañou o éxito de público. De feito, celebridades como a xornalista Julia Otero ou o xogador de baloncesto Pau Gasol deixáronse ver anos atrás comendo e gozando na Polar.

Comentarios