Asaltan a casa parroquial de Escairón e levan 12 botellas de licor

Os ladróns coáronse por unha fiestra traseira aproveitando que non vive ninguén no inmoble

Doce botellas de licor foi o botín que levaron os cacos que accederon á casa parroquial de Escairón.

O inmoble non aloxa na actualidade a ningún sacerdote e os ladróns aproveitaron iso para coarse no edificio por unha fiestra da parte traseira.

Cando os sacerdotes acudiron estes días á casa por mor dascelebracións de Santos e Defuntos déronse conta de que a casa estaba revolta pero só notaron a falta das botellas.

Crese que o roubo se perpetrou entre o 28 e o 30 de outubro e que o autor ou os autores do&mesmo nbsp;coñecían ben as circunstancias da casa.