Arrincan as obras da estrada entre O Torno e Gorgonzo, no Saviñao

A Deputación confirmou un investimento de case 1760.000 euros no proxecto, que ten un prazo de execución de nove meses
Una de las máquinas que trabajan en la vía provincial. EP
photo_camera Una de las máquinas que trabajan en la vía provincial. EP

A Deputación de Lugo anunciou o inicio dos traballos de mellora da estrada provincial LU-P-5811, que pasa O Saviñao e une os núcleos de poboación do Torno e Gorgonzo. A institución provincial destina ao proxecto unha cantidade próxima aos 176.000 euros.

As obras teñen un prazo de execución de nove meses e afectan a un tramo de case catro quilómetros, entre os puntos 0 e 3,814. A intervención inclúe a reapertura de cunetas, a pavimentación e sinalización con marcas reflexivas brancas e a colocación de novos sinais.

Desde a Deputación destacaron a importancia das obras, tanto polo orzamento como porque esta vía é a vertebradora das comunicacións con pártea norte do concello de O Saviñao.

Comentarios