Arrinca o campamento de verán de Monforte con 125 nenos

Aínda hai prazas libres para os campus deportivos e as actividades na piscina

PHOTO-2018-07-03-09-54-39
photo_camera Un grupo de nenos durante o campamento que se iniciou este martes. EP

Un total de 125 nenos participan desde este martes na primeira quenda do campamento de verán que organiza o Concello de Monforte.

Durante toda a mañá poden gozar de actividades no pavillón da Pinguela e xogos ao aire libre. As prazas están todas cubertas pero hai outras actividades que aínda teñen aberto o prazo de inscrición. Trátase dos cursos de tenis para o mes de agosto, os campus de fútbol, baloncesto, voleibol, voley praia e ximnasia rítmica e das actividades na piscina municipal.

Comentarios