Arde un turismo nunha estrada de Monforte, sen que haxa feridos

Ata o lugar do suceso desprazáronse os bombeiros do parque comarcal
Un camión de bomberos. AEP
photo_camera Un camión de bombeiros. AEP

Un coche quedou totalmente calcinado sobre as sete da tarde do venres na estrada LU-617, que une Monforte con Belesar sen que se rexistrasen danos persoais. Os usuarios do vehículo, ao ver que saía unha gran cantidade de fume da zona do motor pararon o turismo e avisaron aos servizos de urxencia.

Ata o lugar do suceso desprazáronse os bombeiros do parque comarcal para extinguir as chamas.