Aprazada a carreira popular Rota do Románico de Pantón

A competición estaba prevista para este sábado e trasládase ao 9 de outubro
Una imagen de la carrera celebrada en 2018. EP
photo_camera Participantes na carreira celebrada en 2018. EP

O Concello de Pantón anunciou este martes que, "por problemas de última hora", suspende a XX Carreira Popular Rota do Románico, que estaba prevista para este sábado día 28. A proba aprázase ata o 9 de outubro.

Segundo a organización, as persoas inscritas poden darse de baixa na páxina web de Champion Chip Norte ou manter esta inscrición para a data do 9 de outubro.

O Concello de Pantón pide desculpas polas molestias que este cambio poida ocasionar.

comentarios