Anxo Valcárcel, novo adestrador do Chantada Atlético

O técnico ourensán ocupará o posto de Fernando Corredoira e ve vimbias para pelexar polo ascenso
Valcárcel (a la izquierda). EP
photo_camera Valcárcel (á esquerda). EP

O Chantada Atlético confirmou a Anxo Valcárcel como novo adestrador para a próxima tempada. O ourensán ocupará o cargo de Fernando Corredoira, anunciado o ano pasado e que non puido debutar ante a suspensión da liga pola pandemia.

Anxo Valcárcel posúe unha importante traxectoria. Na comarca dirixiu en Preferente ao Atlético Escairón e ao Lemos. Ademais, nesta mesma categoría preparou ao Verín e ao Polígono. Na súa carreira figura unha exótica experiencia na India, país onde adestrou a un equipo de Segunda División.

Valcárcel asume agora o reto co Chantada Atlético en Primeira Autonómica. En declaracións recollidas polo club, o adestrador ourensán mostrouse "moi contento" co nivel do persoal e apunta alto. "Non se pode chegar con outro obxectivo que non sexa o ascenso", sinalou.

Comentarios