Unha anciá ferida ao ser atropelada por un coche en Pantón

A muller foi evacuada ao Hospital de Monforte

Unha anciá resultou ferida á primeira hora da tarde deste luns tras ser alcanzada por un vehículo no centro urbano da capital municipal de Pantón.

Segundo informaron a Efe fontes do Subsector de Tráfico da Garda Civil, o accidente produciuse cando un coche saía dun estacionamento dando marcha atrás e alcanzou á anciá que ía camiñando pola beirarrúa.

A muller caeu ao chan, polo que os servizos de urxencias, logo de atendela no mesmo lugar do accidente, evacuárona ao Hospital de Monforte de Lemos para ser sometida a unha exploración médica máis exhaustiva, ao tratarse dunha persoa de avanzada idade. Aparentemente, as súas feridas non eran graves.

Comentarios