Amigos do Folión celebra 30 anos de vida cunhas xornadas de etnografía

A Deputación apoiará esta iniciativa que se celebrará o 17 de agosto e contará con distintas charlas na Ribeira Sacra

carros
photo_camera Acto de presentación das xornadas culturais dedicadas ao Folión de Carros. EP

A asociación Amigos do Folión de Chantada conmemora este ano a súa 30 aniversario como impulsora do desfile de carros tradicionais durante as festas chantadesas, un evento único en Galicia. Con este motivo, a Deputación de Lugo decidiu apoiar unha xornada cultural e de estudo titulada Etnografía, Patrimonio e Desenvolvemento na Ribeira Sacra que organiza a asociación.

A cita será o 17 de agosto, no auditorio municipal de Chantada, e nela participarán 15 persoas vinculadas con esta temática. A xornada inclúe tres mesas redondas nas que se abordarán festas similares que teñen lugar nas comunidades de León e Cantabria, así como un desfile de caretas de Reinosa.

Ademais neste evento cultural, que presentará Laura Vázquez, tamén se emitirá un documental do Folión de Carros de Miguel Carbonell, que foi realizado no ano 1983. Haberá, tamén, unha homenaxe aos fundadores do colectivo Amigos do Folión de Chantada.

A xornada do 17 de agosto comezará ás 10.30 horas cunha conferencia inaugural do catedrático da Uned Honorio Velasco, que levará por título A festa como patrimonio inmaterial. ás 12.30 haberá unha mesa redonda na que se debaterá sobre o patrimonio inmaterial.

Pola tarde, ás 17.00 horas, montarase outra mesa de debate para analizar a candidatura da Ribeira Sacra a ser Patrimonio da Humanidade na categoría de paisaxe cultural.

A esta daralle paso outra na que varios especialistas debaterán acerca da cultura e a súa influencia sobre o desenvolvemento económico nos territorios rurais.

Comentarios