Alumnos de 4º diso do Ferroviario de Monforte gravan o seu propio telexornal

O informativo, bautizado como Ticodiario, inclúe noticias sobre a candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade e sobre o Club de Ximnasia Rítmica Quicela

Un grupo de alumnos de 4º da Iso do CPR Ferroviario de Monforte gravou este luns un telexornal durante a súa visita ás instalacións do Servizo de Audiovisuais da Deputación. O informativo, bautizado como Ticodiario, inclúe noticias que versan sobre a candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade da Unesco e sobre o Club de Ximnasia Rítmica Quicela de Monforte. 

Os estudantes, que estiveron acompañados polo presidente do ente provincial, José Tomei, realizaron tamén un percorrido polos distintos departamentos do Servizo de Audiovisuais provincial, desde o arquivo e redacción ata as salas de edición, as mesas de realización e son e os estudio. 

Así puideron coñecer de man dos profesionais como funciona cada sección e o traballo en equipo necesario nun medio audiovisual. Alí tamén recibiron información sobre dous ciclos superiores de Realización e Produción impartidos no centro

Comentarios