A alcaldesa de Folgoso recoñece que hai "queixas" polo médico de Seoane

Admite que algúns veciños se van a otos sitios"
Lola Castro, alcaldesa de Folgoso do Courel. AEP
photo_camera Lola Castro, alcaldesa de Folgoso do Courel. AEP

A alcaldesa de Folgoso do Courel, Lola Castro, admitiu recibir algunhas queixas de veciños polo médico do centro de saúde de Seoane, algo que motivou, incluso, que algúns pacientes se vaian a outros sitios" para consulta.

Así o dixo en relación á queixa presentada este xoves polo colectivo Courel Vivo ante a Consellería de Sanidade polo trato que, supostamente, este médico dá aos seus pacientes.

"Eu recibín algunha queixa, pero máis que polo trato polos diagnósticos", recoñeceu Lola Castro, que insistiu en que ela non desexa entrar a valorar "se fai ben ou non o seu traballo". "Non estou capacitada para facelo", dispuxo.

Con todo, se admitiu que "hai diferentes queixas de pacientes que o fixeron tamén por escrito polos diagnósticos, por cousas, en definitiva, que ven eles que non están ben".

Tanto é así, advertiu a alcaldesa, que "hai xente que se está indo a outros sitios a consultarse e esta é unha situación da que o Sergas é coñecedor porque tamén lles chegan as queixas".

Agora mesmo, puntualizou Lola Castro, "estase no proceso de cubrir as prazas vacantes. "Esperemos que dalgunha forma soluciónese o problema", resolveu a rexedora.

Comentarios