O alcalde de Quiroga convoca unha manifestación contra Movistar

O rexedor acusa á compañía polos "problemas" continuos na rede e insta os veciños a presentar unha denuncia conxunta
Casa do Concello de Quiroga. EP
photo_camera Casa do Concello de Quiroga. EP

O alcalde de Quiroga, Xullo Álvarez, arremeteu contra Movistar tras os problemas que presenta a compañía os últimos meses. "Mínimo unha vez á semana estamos sen rede móbil", asegurou o rexedor, "algo que non pódese consentir". Por iso, convocou unha manifestación que se celebrará o luns ás 13.15 horas fronte ao Concello. 

Álvarez considera que non se puiden permitir ter ao municipiou "case 24 horas sen servizo", paralizando así "vos servizos básicos" como bancos, administración, farmacias ou empresas particulares. 

O rexedor anunciou que emprenderá medidas legais contra Movistar, e invitou os veciños a que "sómense" a unha denuncia conxunta contra a compañía. 

Comentarios