O alcalde inaugurou as 50.000 luces do Nadal que adornan Monforte

El Ayuntamiento ha colocado 232 arcos de luz en un total de 64 calles de la ciudad y otros elementos decorativos en diferentes entornos
Alcalde y concejales, con un grupo de niños. L.A.R.
photo_camera Alcalde y concejales, con un grupo de niños. L.A.R.

O alcalde monfortino, o socialista José Tomé, acompañado por membros do seu equipo de goberno, inaugurou ás seis e media da tarde deste venres o iluminación do Nadal da cidade. O acto tivo lugar na Praza de España, onde se colocou unha árbore de luces de 14 metros de altura. Cos gobernantes estiveron numerosos veciños para presenciar a posta en marcha da iluminación decorativa.

O Concello colocou 232 arcos de luz nun total de 64 rúas da cidade e outros elementos decorativos en diferentes contornas. O rexedor destacou que serán máis de 50.000 luces de tipo led as que enchan de cor as vías de Monforte. A actuación supón un investimento de 50.000 euros

Tomé manifestou que, ademais das rúas, engalanouse a Torre da Homenaxe, a Praza de España, o Campo de San Antonio, e as prazas de Carude, Os Chaos e A Estación. As dúas fontes da Compañía, a do parque dos Condes e a da Estación, todas dotadas de luz, funcionarán a diario durante o Nadal.

O rexedor monfortino recordou que o seu goberno, desde o ano 2015, asumiu o custo da iluminación do Nadal ao entender que se trata dun atractivo para que veciños e visitantes fagan as súas compras no comercio local e consuman nos numerosos establecementos hostaleiros da cidade.

Así, José Tomé indicou que é unha forma de favorecer a dous sectores esenciais da economía municipal, o comercial e o hostaleiro, e que eses gastos en luces terán, asegurou, un retorno económico.

O alcalde dixo, ademais, que "Isto supón o maior investimento en alumeado de Nadal na historia de Monforte, cun incremento en relación co ano anterior, de 22.000 euros, o que representa un 78,5% de aumento".

Non quixo perder a oportunidade para manifestar que "o impulso ó alumeado de Nadal é un dous primeiros pasos para volver a esa nova normalidade que todos desexamos, aínda que sexa coa debida prudencia".

Neste sentido, dixo que no principio do ano, se a pandemia contense, dará a coñecer os plans para o Entroido, a Feira Medieval, as festas patronais e o festival do viño da Ribeira Sacra, suspendidos todos desde 2019.