martes. 30.11.2021 |
El tiempo
martes. 30.11.2021
El tiempo

Aira creceu un 25% en tres anos e en 2020 facturou 125 millóns de euros

El director general de Aira, Daniel Ferreiro, se dirige a los socios. EP
El director general de Aira, Daniel Ferreiro, se dirige a los socios. EP
A cooperativa taboadesa destaca a consolidación do proxecto de integración iniciado en 2018 e atribúe a subida das ganancias ao aumento de actividades e servizos prestados

A cooperativa Aira experimentou en tres anos un crecemento superior ao 25%. Ademais pechou 2020 cunha facturación de 125 millóns de euros, dez millóns máis que en 2019, o que supón un aumento do 8,9% respecto ao exercicio anterior.

A entidade agraria deu a coñecer estes e outros datos durante a súa asemblea anual de socios, celebrada este mércores no pavillón de deportes de Taboada. é a primeira que leva a cabo desde que estalou a pandemia, motivo polo que se deu a coñecer na mesma sesión o balance económico de 2019 (que estaba pendente) e o de 2020.

O director xeral de Aira, Daniel Ferreiro, destacou a consolidación do proxecto iniciado en 2018 para integrar nunha mesma cooperativa Agris, Icos, Cogasar, Coelplan e a propia Aira. "Crecemos todos os anos a un ritmo sostible, por riba do 8% nestes dous últimos exercicios, e fixémolo en todas as áreas", apuntou.

Ferreiro explicou aos socios que o incremento da facturación foi posible grazas ao incremento do "volume de actividades e servizos prestados, o que nos permite ser máis competitivos e xerar mellores resultados".

INVESTIMENTO. A cooperativa destinou ao redor de doce millóns de euros a este apartado. A transformación do leite e a mellora do parque de maquinaria son as prioridades marcadas por Aira.

Unha das principais apostas desenvólvese na planta de transformación láctea Galacteum, en Melide. En tres anos de traxectoria, o investimento nesta industria supera os 22 millóns de euros.

Doutra banda, na actualidade comercialízanse en Aira 115 millóns de litros de leite. Ferreiro engadiu que se transforma un 50% da cantidade total recollida.

Esta aposta permitiu á entidade "aumentar o prezo do leite pago" aos gandeiros nun momento de incremento "dos prezos de produción derivado das subidas das materias primas e a electricidade". Segundo Aira, este contexto pon ás ganderías galegas "en situacións realmente complicadas".

Aira creceu un 25% en tres anos e en 2020 facturou 125 millóns de...
comentarios