Afrontan 4 anos de cárcere por transportar cocaína nun coche interceptado en Quiroga

Audiencia Provincial de Lugo. AEP
photo_camera Audiencia Provincial de Lugo. AEP

Dous homes sentarán este martes no banco dos acusados da Audiencia Provincial para responder por un suposto delito contra a saúde pública, despois de que a Garda Civil os interceptara no ano 2016 cando transportaban cocaína por un valor de 24.396 euros nun coche -BMW- que circulaba pola estrada Nacional 120, no termo municipal de Quiroga.

Segundo o ministerio fiscal, ambos os procesados, de nacionalidade española, foron interceptados pola Garda Civil en marzo de 2016 á altura do quilómetro 498 da estrada Nacional 120, en Quiroga, cando transportaban un cuarto de quilo de cocaína que, supostamente, pretendían destinar "ao tráfico ilegal de drogas". O valor da droga intervida pola Garda Civil roldaba os 24.396 euros no mercado ilícito.

O ministerio fiscal pide unha pena de catro anos de prisión e unha multa de 73.188 euros para ambos os acusados.