Os afectados polos incendios poderán pedir as axudas da Xunta o sábado

As primeiras líenas inclúen 3,2 millóns para vivenda, 4 para o sector primario, 550.000 euros para sinalización e cartelería e 300.000 para tecores de caza
Imagen del incendio que asola O Courel. MANUEL VALCÁRCEL (PIRO)
photo_camera Imagen del incendio que asola O Courel. MANUEL VALCÁRCEL (PIRO)

A Xunta aprobará este xoves as primeiras ordes de axudas para os afectados pola vaga de incendios, que se cebou especialmente coas provincias de Lugo e Ourense, co obxectivo de que os beneficiarios poidan solicitalas xa o sábado e, nun prazo duns dous meses, póidanse empezar a realizar os pagos.

Foi o cronograma que avanzou este mércores Alfonso Rueda tras a reunión do Consello na que se deu o visto e prace ás primeiras subvencións, entre as que destacan as das vivendas por ser "as máis urxentes". Para elas dotaranse inicialmente 3,2 millóns de euros, auqnue a cifra será ampliable.

De feito, os estudos da Xunta apuntan a un total de 130 edificacións afectadas, das que 47 son vivendas e, dentro delas, un terzo primeiras vivendas, mentres que as outras tres cuartas partes son segundas vivendas. Para eles habilitaranse as axudas avanzadas xa a semana pasada, que poden alcanzar os 122.000 euros para residencia habitual e a mtiad, 61.500, para a segunda.

Tamén haberá subvención para o enxoval calcinado e financiaranse os gastos derivados de realoxos (hoteis, etc) das familias afectada a través do Bono Alugueiro Social. Outra liña de axuda será a destinada a repor explotacións agrícolas, gandeira e forestais, cun crédito inicial de 4 millóns de euros.

Trátase de subvencións que irán desde os 3.000 aos 50.000 euros que financiarán a maquinaria danada, o equipamento, a madeira acumulada no monte, comida para gando que quedou sen pasto, colmeas esnaquizadas...

A terceira orde, dotada con 550.000 euros, servirá par recuperar as infraestruturas dos espazos protexidos, como cartelería, carreiros, sinalización, etc.

Poderanse beneficiar tanto os concellos como as comunidades veciñais de montes.

O Consello tamén deu luz verde a outra liña de 300.000 euros para colaborar cos tecores de caza, que perderon nos incendios comederos, fontes e refuxios. Para rematar, Roda avanzou que haberá axudas para os concellos co fin de repor os danos en bens municipais, como as traídas de auga.

En todo caso, non están cuantificadas xa que o presidente da Xunta está pendente dunha reunión co titular da Fegamp para que lle traslade unha estimación máis exacta.

Comentarios