Unha adega de Quiroga celebra unha cata nocturna exclusiva para mulleres

A cita é este sábado
Generated by  IJG JPEG Library
Generated by  IJG JPEG Library
Generated by  IJG JPEG Library
Generated by  IJG JPEG Library
photo_camera Vendima nocturna que a adega realizou en 2018

A adega EDV 2015, da parroquia quiroguesa de Margaride, organiza este sábado unha cata-degustación nocturna destinada só a mulleres. Trátase da primeira adega do D.O. Ribeira Sacra que fixo unha vendima de noite no ano 2018 e repetiu experiencia coa súa godello en 2019. Agora é a primeira que organiza un evento destas características.

A cita proposta será unha mestura de historia, lume, sensibilidade, aromas e viño, na que se lle quere dar un protagonismo especial á muller. Por iso, en colaboración co Centro de Información á Muller de Quiroga, esta primeira cata nocturna é só apta para elas.

A saída será ás 21.00 horas desde a casa da cultura de Quiroga e unha vez chéguese a Margaride as participantes realizarán unha visita guiada polo pasado romano da contorna. á tardiña, a iluminación con fachos guiará ás asistentes por un carreiro ata o escenario da cata, situado nunha das viñas da adega, segundo destacaron os organizadores do evento.

A nova proposta de EDV 2015 completarase coa presenza de dúas xeracións dos impulsores da adega. Ademais, Non faltará a música en directo para acompañar esta experiencia

As interesadas en participar nesta singular cata deben inscribirse durante este xoves no teléfono 982.43.89.51 ou ben no 982 42.80.01. As prazas son limitadas.

Comentarios