Olivia Newton John, a actriz que quedou encantada en 2019 da Ribeira Sacra

A intérprete gozou durante a súa visita da gastronomía lucense no mesón O Mosteiro, de Ferreira de Pantón
Olivia Newton John, en Pantón. FACEBOOK
photo_camera Olivia Newton John, en Pantón. FACEBOOK

Olivia Newton John visitara a Ribeira Sacra en outubro de 2019. Aquel día 16 estivo a comer no mesón O Mosteiro de Pantón, un establecemento da rúa de Manuel María, en Ferreira. A entón propietaria do mesón, Isabel Vázquez, definiu á actriz australiana e aos seus acompañantes como "agradables e sinxelos" nunha mensaxe que compartira por eses días nas redes sociais.

O texto ía acompañado de fotografías nas que se apreciaba que a actriz e os seus acompañantes gozaran da gastronomía. "Tomaron polbo á prancha con puré de zanahoria e apio, unha variedade de carnes locais á brasa e unha sobremesa variada", indicou a hostaleira. A xerente do Mosteiro recordaba que "non paraba de dicirnos que era un lugar precioso e que nunca llo imaxinou así".

O seu bo humor e a sorriso que non deixaba de mostrar sorprenderon ás persoas que lle pediron que lles permitise facerse unha fotografía con ela para conservar un recordo do encontro cunha estrela de Hollywood. Debe terse en conta que Olivia Newton John sabía que o cancro volvera a activarse no seu corpo. "Ceou ben, estaba contenta e demostrou ser unha muller agradable e sinxela que buscaba tranquilidade. Pareceume unha señora estupenda que se conserva moi ben e que non é a típica diva nin nada polo estilo", recoñecía Isabel Vázquez.

O motivo da súa visita descoñécese. Puido ser turístico, ou que se citou con familiares ou amigos que tivesen unha residencia na zona. Naquel entón chegouse a especular con que fora a visitar á súa irmá, aínda que esta, Rona Newton John, falecera seis anos antes por mor dun cancro

comentarios