Unha alumna do Daviña Rey recibe o premio de excelencia polas súas notas

María López. IES DAVIÑA REY
photo_camera María López. IES DAVIÑA REI

María López Martínez, alumna do instituto monfortino Francisco Daviña Rey, recibiu un premio de excelencia da Universidade da Coruña (UDC) á mellor nota de admisión nos graos.

Trátase dunha estudante procedente do Ciclo Superior de Educación Infantil impartido no centro. O premio consiste nun diploma acreditativo expedido polo reitor da UDC e ten unha dotación económica de 565 euros.

A convocatoria recolle que o centro de procedencia do alumnado premiado recibirá igualmente un diploma acreditativo da UDC.

A comunidade educativa do Daviña Rey móstrase "orgullosa" polo recoñecemento que supón este galardón e enviou as súas felicitacións a María López pola obtención deste premio de excelencia.

Comentarios