Aceptan 5 anos de cárcere por transportar 250 gramos de cocaína no seu coche

Os acusados foron interceptados en Quiroga
Audiencia Provincial de Lugo. AEP
photo_camera Audiencia Provincial de Lugo. AEP

Dous homes interceptados pola Garda Civil transportando un cuarto de quilo de cocaína no seu coche, aceptaron este martes penas de tres e dous anos de cárcere, respectivamente, mediante un acordo alcanzado entre os seus avogados e a Fiscalía.

Os dous foron detidos en marzo 2016 no quilómetro 498 da estrada N-120 do municipio de Quiroga nun vehículo en cuxo interior os axentes acharon a droga, dun valor no mercado clandestino de máis de 24.000 euros.

A Fiscalía consideraba que os detidos pretendían introducir esa mercancía ao mercado ilegal de drogas.

O acordo alcanzado evita o inicio da vista oral do xuízo previsto ante a Audiencia provincial de Lugo no que a Fiscalía pedía para cada un dos acusados catro anos de prisión e unha multa de 73.188 euros.

Comentarios