Aberto o prazo de inscripción na mostra Artelemos

O Concello prevé a instalación de 25 postos, un destinado a información e obradoiros e os restantes para exposición e venda, nun evento que terá lugar do 5 ao 9 de agosto
O público de Artelemos observa unha demostración de olería feita por Elías González, de Gundivós, en 2019. AEP
photo_camera O público de Artelemos observa unha demostración de olería feita por Elías González, de Gundivós, en 2019. AEP

O prazo de inscripción en Artelemos queda aberto este martes, ata o próximo 5 de xullo. Despois de dous anos de ausencia por mor da pandemia, o Concello de Monforte recuperará a mostra de artesanía, que terá lugar do 5 ao 9 de agosto na Rúa Cardenal.

Está prevista a instalación de 25 postos, un destinado a información e obradoiros e as restantes, para exposición e venda. O horario durante os cinco días será de 10.00 a 14.00 e de 18.00 a 22.00 horas.

En Artelemos ofreceranse todo tipo de produtos artesanais, pertencentes a diferentes disciplinas artísticas. Haberá dende orfebrería a coiro, lá, olería (Gundivós) ou cerámica. O público terá a posibilidade de ver en vivo a elaboración de pezas realizadas polos propios artesáns. Ademais organizaranse obradoiros para nenos e nenas.

"Dende o Concello, queremos apostar polo aproveitamento dos recursos do noso territorio", subliñou o alcalde, José Tomé; quen ensalzou a labor dos artesáns, pois co seu traballo feito a man "enriquecen e dan un valor moi fermoso e engadido á nosa cultura e tradición dentro da promoción turística de Monforte e da Ribeira Sacra".

Comentarios