A farmacia de Folgoso do Courel reabre este venres tras dous anos pechada

Neste tempo estableceuse un servizo de urxencia para non deixar desabastecidos aos 1.400 habitantes do municipio

La farmacia de Folgoso do Courel. GUILLE DACAL
photo_camera A farmacia de Folgoso do Courel. GUILLE DACAL

A farmacia de Folgoso do Courel, que levaba case dous anos pechada tras presentar concurso de acredores, reabre este venres.

A botica saíra a poxa no xulgado a principios deste ano por 750.000 euros. Pero a poxa quedou deserta. Agora acábase de facer con ela un farmacéutico ferrolán.

Mentres non funcionou estableceuse un servizo de urxencia para non deixar desabastecido a este municipio da montaña lucense, que ten uns 1.400 habitantes. En Folgoso e en Seoane do Courel abrían unhas horas polas mañás, de luns a sábado, senllos botiquines que eran atendidos polas farmacias de Quiroga e Triacastela, respectivamente. A partir deste venres reabre a farmacia de Folgoso do Courel, que ademais se encargará do botiquín de Seoane.

Comentarios