Ata un 70% de descontos na próxima Feira de Oportunidades de Monforte

O CCU programou o evento para o próximo fin de semana coa participación de 17 establecementos

TEAR0176
photo_camera O CCU de Monforte organiza cada ano dúas feiras de oportunidades con importantes descontos. AEP

A Praza de Abastos de Monforte será o próximo fin de semana o escenario dunha nova edición da Feira de Oportunidades organizada polo Centro Comercial Urbano (CCU). O público asistente poderá atopar nela descontos de fin de tempada. Algúns deles, segundo anunciou o Concello, chegan ao 70%.

Serán 17 os establecementos asociados que participen na primeira das dúas feiras deste tipo que se celebran ao ano en Monforte, unha no inverno e outra no verán. Estarán presentes o sector da moda, o calzado, os complementos, a decoración, a mercería ou os artigos para bebés, entre outros.

A entrada ás dúas xornadas é gratuíta. Tanto o sábado 29 como o domingo 1 de marzo a feira abrirá de 10.00 a 13.30 e de 17.00 a 20.30 horas.

Comentarios