Foron 41 adegas da Ribeira Sacra as que iniciaron a vendima na data oficial de inicio

O consello regulador apunta que a tempada arrincou con normalidade â??Case a metade das firmas comezaron xa a recollida

Vendimia en la Ribeira Sacra. AEP
photo_camera Vendima na Ribeira Sacra. AEP

O presidente do consello regulador Ribeira Sacra, José Manuel Rodríguez, confirmou que 41 das 95 adegas inscritas no rexistro do órgano reitor iniciaron xa a recollida da uva no territorio amparado pola denominación de orixe, dado que o martes era a data recomendada oficialmente para o inicio da vendima, de acordo cos controis de maduración realizados nas últimas semanas.

En declaracións a EFE, Rodríguez confirmou que a vendima comezou "con normalidade", grazas ao tempo anticiclónico que contribuíu a completar a maduración das uvas e agora está a facilitar os traballos de recollida do froito.

A estas alturas do ano, recoñeceu Rodríguez "que o tempo sexa seco" é a "mellor noticia" para a colleita que comezou a entrar nas adegas.

Segundo o presidente, a uva atópase nun estado óptimo, precisamente grazas a ese tempo seco e asollado, polo que se espera unha colleita boa en canto á calidade, que en cantidade será "normal", ao redor dos seis millóns de quilos de uva.

A vendima, augurou, prolongarase "ata despois do Pilar", pero tamén matizou "que o forte" do traballo de recollida realizarase, previsiblemente, antes desa festividade.

Comentarios