Unha muller permanece desaparecida desde o venres en Pontevedra

O marido foi o que denunciou a súa desaparición cando se dispuña a acudir a un exame da Uned
Agnieszka Ewa Czarnecka-González
photo_camera Agnieszka Ewa Czarnecka-González

Unha muller de nacionalidade polaca e de 34 anos de idade,  Agnieszka Ewa Czarnecka-González, permanece desaparecida desde a tarde deste venres en Pontevedra, cando se dispuña a acudir a un exame da Uned.

Segundo explicaron fontes da Policía Nacional a Europa Press, foi o seu marido quen denunciou a desaparición da muller ao fío das 22.30 horas deste venres.

Púxose en marcha un dispositivo de procura, que atopou o vehículo da muller aparcado na zona da Universidade, en Monte Porreiro, sen signos de violencia.

Os bombeiros peitearon a zona de Monte Porreiro e o río Lérez en busca da muller, pero, polo momento, non conseguiron dar con ela.

Así as cousas, a Policía Nacional descoñece se a desaparición da muller, que reside en Pontevedra, é "voluntaria" ou "involuntaria". 

Comentarios