Pintadas con insultos na sede do PP de Pontevedra

Os populares condenan a aparición dunha pintada ofensiva na que se podía ler: "Fillos de puta". Tamén ouriñaran na fachada
Pintadas en la sede del PP
photo_camera Pintadas en la sede del PP

A sede do PP de Pontevedra amenceu este luns cunha pintada que contiña insultos á formación conservadora. "Fillos de puta", pódese ler na cristaleira do local, unhas palabras acompañadas do que parece a firma do autor: "Bich".

A agrupación local popular denunciou nas redes sociais o acto vandálico do que foi vítima: "Así nos atopamos a cristaleira da nosa sede. Rexeitamento absoluto a este tipo de actos vandálicos". O tuit aparece acompañado de tres fotografías que dan mostra dos danos causados. Ademais, os encargados de abrir a porta atopáronse tamén con que ouriñaran na fachada.

O portavoz do PP, Jacobo Moreira, condenou a pintada. O partido sostén que se produciu durante a madrugada do luns, xa que o domingo a sede, inaugurada o 4 de decembro, estaba en perfectas condicións. Limparana este luns. 




Comentarios