¿E Rafael Louzán?

El todavía presidente de la Diputación de Pontevedra se ausenta en el último pleno de la actual corporación. Se encontraba en Madrid ejerciendo como máximo responsable de la federación gallega de fútbol
El último pleno de la actual corporación del ente provincial
photo_camera El último pleno de la actual corporación del ente provincial

A Deputación de Pontevedra acolleu este martes o último pleno da actual corporación á espera de que o vindeiro venres se celebre a sesión plenaria constitutiva, na que os novos deputados tomarán posesión dos seus cargos. En apenas un minuto liquidouse este acto formal de peche de actas.

A anécdota da xornada foi a ausencia do presidente en funcións, Rafael Louzán, quen se atopaba en Madrid como máximo responsable da federación galega de fútbol, na asemblea xeral.

Cumprido o trámite e finalizado o pleno os portavoces de cada un dos grupos, fixeron un breve discurso agradecendo o traballo desenvolvido nos últimos anos, desexando "sorte" a aqueles compañeiros que non formarán parte da nova corporación.
Estes últimos fixéronse unha foto de familia como recordo antes de abandonar o Pazo provincial.

PACTOS. O portavoz socialista na Deputación e secretario provincial do PSdeG, Santos Héctor, destacou o "bo e inmellorable clima" no que se desenvolven as conversacións abertas co BNG de cara a formar o futuro goberno na administración provincial.
Santos Héctor celebrou a "coincidencia" de ambas as formacións para que a Deputación sexa "máis transparente e máis pegada á realidade dos veciños e na confianza dun goberno único formado por dúas forzas políticas".

Comentarios