As instalacións do campo de golf do balneario de Guitiriz acollen este sábado as distintas carreiras do campionato Galego escolar de campo a través, no que participarán ao redor de 400 corredores das catro provincias galegas.
As carreiras darán comezo ás 11.30 horas e prolongaranse ata as 14.00 aproximadamente, cando se procederá á entrega de trofeos.
As categorías que competirán son alevín, infantil e cadete,tanto masculino como feminino, e as distancias que se percorrerán van desde os 1.500 metros aos 5.000.