Unha actuación brillante

CHA2201P10F1.JPG
photo_camera CHA2201P10F1.JPG

A representación vilalbesa nun campionato de loita libre demostrou este fin de semana ser un seguro de triunfos e medallas. O equipo do Club de Loita Vilalba que acudiu o sábado a Pontevedra para participar no campionato Galego de loitas olímpicas nas categorías cadete e sénior asinou unha gran actuación, xa que conseguiu 13 medallas a nivel individual e logrou subirse outras catro veces ao podio das clasificacións por equipos.

Desta forma, Vilalba subiuse ao podio nas clasificacións xerais por clubs en todas as categorías, logrando, na modalidade de grecorromana, o primeiro posto en cadete e o segundo en sénior, e, en loita libre olímpica, o subcampeonato na categoría cadete e a terceira posición na sénior.

A nivel individual, os resultados tamén foron espectaculares. Para empezar, os dous representantes cadetes conseguiron sendas medallas nas dúas modalidades nas que participaron. Roberto Díaz Orosa, que competiu en menos de 42 quilos, proclamouse campión galego en grecorromana e subcampión en libre olímpica. O seu compañeiro Ramón Mosteiro Portela fíxose coa medalla de ouro en ambas as modalidades en menos de 85 quilos.

Consiga AQUÍ a información completa

Máis en Otros Deportes
Comentarios