Os dous equipos do TDM Vilalba logran a vitoria

O recentemente creado club de tenis de mesa TDM Vilalba logrou este fin de semana un fito histórico ao lograr a vitoria os dous equipos desta entidade que militan na Terceira División do campionato galego masculino.

A maior alegría deuna o equipo TDM Estudante Vilalba, que logrou gañar o seu primeiro partido da tempada ao imporse en casa á Atlético Muralla. Esta vitoria permítelle abandonar o posto de pechacancelas na clasificación.

O TDM Concello de Vilalba tamén continúa dando boas noticias, xa que segue liderando a clasificación do grupo norte tras unha nova vitoria contundente por (0-7) ante o Cidade de Narón Escola Municipal a domicilio.

Próximos partidos

A próxima xornada antóllase difícil para ambos os equipos pero alcanzable. O TDM Concello de Vilalba recibe o sábado ao San Xoán TM, equipo que tamén está invicto e que ocupa a terceira posición na táboa clasificatoria. Xa que logo, o que salga vitorioso deste enfrontamento porá unha pequena brecha de distancia na clasificación.

O TDM Estudante Vilalba pola súa banda visita o domingo ao DezPortas Vista Óptica, que se atopa na quinta posición a tan só dous puntos da cabeza.

Máis en Otros Deportes
Comentarios