O loitador lucense Xabier Fernández logra o bronce no Galego escolar

Os deportistas da Escola Lucense de Taekwondo lograron unha medalla, de bronce, durante a disputa do campionato de Galicia escolar de técnica. A competición disputouse no pavillón Príncipe Felipe, en Pontevedra.

A única medalla para o club lucense obtívoa na categoría infantil masculina Xabier Fernández, que rendeu a gran nivel durante todo o campionato.

No entanto, a Escola Lucense de Taekwondo meteu a outros tres dos seus representantes nas finais das súas respectivas categorías, ás que acceden os oito mellores. María Fernández, en benjamines, e Janice López, na categoría cadete feminina, rozaron as medallas. Ambas quedaron a só dúas décimas nas súas respectivas puntuacións. Ademais, Sheila Fernández tamén foi finalista na categoría cadete feminina. Uxía Castro e Denis Buján foron semifinalistas.

Máis en Otros Deportes
Comentarios