E tras a Bertolina... 'non mates'

Captura de pantalla del vídeo
photo_camera Captura de pantalla del vídeo

Os produtores da 'Bertolina', un dos maiores éxitos de Youtube producidos en Galicia, despiden este 2014 con outro vídeo, 'En fin de ano non mates'.

Cun animado ritmo rock, o vídeo foi subido á popular plataforma de vídeos o día 30 de decembro, a poucas horas de que acabe un 2014 no que a 'Bertolina' conseguiu case millón e medio de reproducións en Youtube. De feito, o novo vídeo contén unha homenaxe a esa versión, pois soa no móbil do cantante ao comezo de 'En fin de ano non mates'.

Como as anteriores producións (desde a pioneira versión do 'Gangnam Style' á parodia de 'Wrewcking Ball'), o traballo de Páramo Pictures foi rodado no sur de Lugo. Os intérpretes tamén se manteñen: Daniel Moreiras (o cantante), Iván Capón (o do 'Sansón')...

Comentarios