Xunta e Concello acordan axilizar o PXOM de Monterroso

Encarnación Rivas y Antonio Gato (Foto: CONCHI PAZ / XUNTA)
photo_camera Encarnación Rivas y Antonio Gato (Foto: CONCHI PAZ / XUNTA)

A secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, Encarnación Rivas, e o alcalde de Monterroso, Antonio Gato, acordaron este venres axilizar o Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) deste municipio, co fin de proceder canto antes á súa aprobación definitiva.

O Concello de Monterroso conta cunha aprobación provisional de 2012, aínda que, posteriormente, a Dirección Xeral de Patrimonio presentou un informe desfavorable, que retardou todo o proceso administrativo necesario para o visto e prace definitivo.

Antonio Gato mostrouse "satisfeito e contento" tras a reunión que mantivo en Urbanismo e confía en que o encontro sirva para desbloquear o proceso de aprobación do documento.

A Xunta, polo seu lado, matizou que o Concello ten que "axilizar as correccións marcadas" no informe de 2012, "co fin de adaptar o documento á nova normativa legal en materia urbanística".

Comentarios