Recordou que esta distinción sitúa a Galicia "con cinco bens patrimonio da humanidade" e a España con 45 bens inscritos na lista de Patrimonio Mundial, o terceiro país tras Italia e China.
Rodríguez destacou a colaboración durante anos entre Asturias, Cantabria, País Vasco, A Rioxa e Galicia, así como o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte.
"Un recoñecemento do 'Valor Universal Excepcional' de catro rutas singulares que abarca a inclusión nominal de dezaseis monumentos da máxima relevancia e valor cultural", dixo Rodríguez, que recordou que por Galicia transitan dous das catro rutas recoñecidas; o Camiño da Costa, que comunica a cornixa cantábrica con Compostela, e o Camiño Primitivo. Ademais, abarca singularmente catro monumentos: a muralla e a catedral de Lugo, a catedral de Mondoñedo e o mosteiro de Sobrado dos Monxes.
Satisfacción na Deputación de Lugo
A presidenta da Deputación de Lugo, Elena Candia, mostrou a súa satisfacción por esta decisión. Recordou que supón o recoñecemento tanto do trazado xa delimitado como das catedrais de Lugo e Mondoñedo (onde ela é alcaldesa) e das dúas variantes do Camiño, a que entra por Ribadeo e a que o fai pola Fonsagrada.
Candia, que agradeceu "o traballo de todos os que o fixeron posible", ve nesta decisión "un recoñecemento internacional" ao patrimonio galego, que, segundo engadiu, "agora ten repercusión mundial".